23 de septiembre de 2012

Contra viento y lluvia ... Marea !!

O tempo non acompañaba a sair da casa, as previsións das rachas do vento para o partido non te animaban a coller o coche, pero o noso sentimento racinguista vai máis aló de todo isto. Había que estar.

A cada paso dos limpias polo cristal do coche íanse reducindo os kilometros para chegar a As Somozas. Esta vez o campo xa era coñecido e non tiña pérdida.

Unha vez no campo, poñíamos a nosa pancarta de Marea Verde nas bancadas e buscábamos algún lugar pra ver o partido, xa era demasiado tarde, tocaba velo de pé. Daba gusto ver que case toda a xente que estaba alí levaba unha camiseta do Racing ou algo que os identificaba como racinguistas. A invasión racinguista era toda unha realidade.


 

Xa cos xogadores no campo, a chuvia e o vento era o único que che facía quitar a vista do terreo de xogo, pero nese intre os Diablos Verdes cantaban con máis ganas e ti recordabas porque estabas alí e non no sofá da casa.

Ao descanso chegamos cun 0-0 con algunha que outra ocasión para ambos equipos pero ningún dos dous conseguía metela dentro, debido en parte a dificultade de xogar con tanta auga e vento, era difícil ata sacar de portería. 





 
  


Na segunda parte o estado do céspede xa ía a peor e mover o balón era máis difícil. O frío do corpo tornou en ardor cando Marcos facía o primeiro gol e cando volvíamos a ter frío Manu Barreiro aprovechou un balón pra facer o segundo. Este último tivo un gran xesto e veu a celebralo cos aficionados.

Ao final 1-2 e outra victoria máis. Xa son 5 das 5 posibles e continuamos no liderato da terceira galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario