12 de septiembre de 2012

As múltiples caras do fútbol

Vaia por diante que non somos periodistas, nin queremos xogar a selo, polo que se ides buscar afán de protagonismo por parte de Marea Verde nas próximas liñas, se buscades unha falsa heroicidade, se ides buscando unha batalliña mal contada, se ides buscando una crónica propia da páxina de sucesos, parade de ler, en serio, parade xa, ides perder o tempo.

Isto que ven de seguida e unha reflexión dunha peña de amigos, que domingo tras domingo séntase a charlar e ver o partido dun clube de fútbol coma tantos outros hai, e que de cando en vez sufren cousas que non teñen sentido, aínda que a cotio non saia nos medios.

Entrando no serio, Marea Verde leva xa activa moitos anos, e moitos dos seus integrantes coñecen este clube mellor que a súa casa, xa que lle dedican moito máis tempo do debido nalgunhas ocasións, e nese tempo vimos demasiadas cousas nas gradas. Por sorte, case todalas que suceden en Ferrol son ben bonitas. Afecións viaxando en masa, uns groliños con xente de fora, pachangas de fútbol con afecións rivais, comelladas e ata amizades que van ficando ao longo do tempo. 

Internamente vivimos tempos moi bonitos e tempos moi fodidos, pero cunha sensación xeralizada de unidade racinguistas. As veces, moi poucas, que se poden contar cos dedos dunha man, e sempre cos mesmos equipos, ao sair ou entrar do estadio podíase ver a xente vestindo camisolas rivais buscando liorta. Isto e tan residual, tan anecdótico que nin deberíamos metelo aquí.

Outras veces, cando viaxamos fora tes que calar a boca e baixar a cabeza cando o noso Racing mete un gol, tes que sair antes de tempo do campo ou ata escoltado chegando ao punto que moitos de nós temos unha lista negra de campos aos que non volver xamais. Non daremos nomes, pero case todos perto do noso pobo.

O fútbol é unha gran festa, unha excusa para coller un coche (mellor un bus para poder tomar os groliños dos que falábamos antes) e coñecer un sitio novo, unha excusa para quedar con amigos e mozas para picotear algo antes de ir ao partido, unha festa onde cada sete ou quince días ves aos colegas, unha excusa para facer unha cea de cando en vez, o fútbol e unha vía de escape, e unha forma de defender a nosa cidade, o fútbol e o máis racional dos sentimentos irracionais, soriso as veces outras bágoas, ledicia, pasión, gritar gol, e protestar a falta se é ou non eso non importa; pero por riba de todo o fútbol e coñecer xente, e unha festa. Iso e o fútbol.

Cando un día chegas ao campo, e ves xente lanzando pedras e botellas, cando ves a cativos chorar pedindo voltar a casa, cando ves medo na cara de moita xente, a festa perde sentido. Nin entendemos nin xamais defenderemos actitudes que non promovan a festa, o compañerismo e os valores que como peña temos, xa seña por culpa de ultras, de descerebrados ou de vellos cheos de viño. 

Reivindicamos e revindicaremos a festa do fútbol e por unha vez, e poñéndonos excluintes, os que realmente non pensen nisto, que deixen o fútbol e gasten o seu odio nun ximnasio ou moito mellor, nun psicoanalista ou nunha biblioteca.

Para ir rematando, queremos facer unha loubanza ao racinguismo, a unha afeción que non ten reparos en acoller xente de fora, todo o contrario, unha afeción fiel ao seu clube sen incidentes as súas espaldas, unha afeción que cando as cousas van mal de carallo, está ahí, en terceira, convencendo os seus de que entre todos voltaremos a ser grandes, voltaremos a ascender.

E igual que rexeitamos a violencia, rexeitamos a xente que a promove, xa seña nas redes sociales, no bar ou detrás dunha editorial “periodística”. Rexeitamos os que acusan a todo un colectivo e debuxan unha realidade falsa da nosa casa. Os que venden fume por buscar o protagonismo que non teñen. Os que din ser racinguistas e día tras día botan merda sobre os que están a traballar para sacar isto adiante. Esos que non nos representan e sempre han de levar a razón sin una soa rectificación.

Sempre, sempre, disfrutaremos da festa que é o fútbol, queiran ou non que o fagamos, e seguiremos tentando facer amizades en cada recuncho onde xogue o equipo da nosa cidade.

¡Opa Racing, sempre!

No hay comentarios:

Publicar un comentario