4 de septiembre de 2012

As Pontes, primeira parada

Chegaba o día da primeira xornada fora de casa, e o calendario poñía o equipo de As Pontes no noso punto de mira. O partido declarado as sete da tarde permitía poder disfrutar do día, na casa, no bar, na praia,... pero o fútbol había que ir sí ou sí, e así foi, unha vez máis alí estivo Marea Verde.

Nesta ocasión estivemos acompañados na grada cos compañeiros racinguistas de Diablos Verdes a un lado, polo outro dos compañeiros da peña Morandeira, e en xeral por moitos racinguistas que decidiron acudir a apoiar o equipo da súa cidade. Unha hora antes de comezar o partido a grada xa era de cor verde, con xente ilusionada con este comezo de tempada esperando ver o noso Racing seguir a boa liña do comezo ligueiro.








E así coa grada a reventar daba comezo o primeiro derbi comarcal do ano, tendo o Racing a posesión do balón e achuchando pouco a pouco, ate que Dani Rodriguez facía o primeiro gol do encontro despois de un remate de Manu Barreiro. Comentar como anécdota, que este gol anotábase as 19:19, ano de fundación do noso clube. 

Os xogadores facían "piña" demostrando o bo ambiente do vestiario e a xente alentaba na grada vendo o bo comezo do partido.





 

No resto da primeira parte o Racing levou o peso do partido, e o As Pontes tentaba chegar arriba por medio do exracinguista Sergio Arias sobretodo, pero as ocasións non eran demasiado claras. O partido foise endurecendo co paso dos minutos por ámbalas partes, pero sen maiores problemas. 


E así chegábamos o descanso, hora de ir pra o bar ...




   



 A segunda parte comezaba co As Pontes tentando chegar arriba máis, pero a defensa racinguista estaba sempre atenta e ven colocada e salvo algún balón fora ou algunha falta illada non daban chegado con facilidade a portería racinguista. O Racing xogaba máis a contra neses momentos, e así chegaría o segundo gol do Racing cando nun pase largo o porteiro do As Pontes non atinaba a despexar un balón, en principio sinxelo, e Marcos Álvarez despois de que dende a granda lle gritáramos dábase conta do erro do porteiro, recuperaba o balón e mandabao o fondo da portería.

 




A partir de aquí as cancións na grada foron o que máis animou o partido, xa que a xente tirou de repertorio e todo foi unha festa ate o final do encontro. Tampouco sabemos moi ben cantas ocasións houbo, nen historias esas do fútbol, porque nós estábamos ao noso, a animar e pasalo ben. O único comentar que debutaron coa verde dous novos xogadores, Angel Luis, e o noso compatriota Chicho, que o tentou pola banda, pero o partido neses momentos non era sinxelo.

E agora a pensar no seguinte partido contra o Compostela, todo un pracer xogar de novo con eles. Esperamos que veña moita xente dende aló a ver o partido, que sexa unha festa, e por suposto que se vaian de volta pra casa cos mesmos puntos cos que viñeron.




No hay comentarios:

Publicar un comentario