Tristemente, ó fin, acabaremos vendo campos totalmente baleiros e entón, nese mesmo momento, cando nos demos conta de todo o que deixamos de gañar nestes anos, de todo o que se está a destruir, e entón será cando procuren facer as cousas ben, e non saberán como facelo.
Cando un mira o trato que se dispensa ó afecionado en outros países, de verdade… e para botarse a chorar. Imos por o exemplo alemán, e dun equipo grande, que en teoría non precisaría facer tanta concesión aos seus afecionados, o Bayer Munich. Ollo, falamos do Bayer como poderíamos falar do 99% dos equipos alemáns.
“Las peñas del Bayern representan a nuestro equipo y la actitud ha de ser correspondiente. Nosotros confiamos en que las peñas nos apoyen en nuestros pensamientos y en nuestros principales estatutos. Nuestras peñas son en cierto sentido, corresponsales del FC Bayern München.”
A masa social é quen vai manter una institución, quen lle dá a persoalidade, o carácter, e a súa grada a que fala polo clube, e o seu socio o que lle da orgullo e forza, e non unha ou outra canle de televisión.
Os alemáns así o entenden; non é extrano que os clubes
teñan un delegado de peñas no consello de administración do clube. Ese mimo
continuo e constante ao seu seareiro, fai chegar a límites como organizar un torneo
anual de peñas cun premio máis que suculento… unha partida contra o primeira
equipo. ¿Imaxinades un equipo de peñistas xogando contra Ribery ou Robben? ¡ Pois
aconteceu este ano diante de 14.000 espectadores !
Os horarios están establecidos dende o comenzo da liga, facilitando o desprazamento, e tamén anticipando a compra de billetes. Os afecionados poden planificar os viaxes, organizarse con tempo, buscar medios para abaratar os costes e isto redunda no beneficio dos clubes que teñen o 100% das entradas vendidas para TODO o ano.
O tema dos prezos xa é un mundo aparte, xa que nada teñen
que ver cos marcados en España seña por unha ou outra federación. Sen ter en
consideración a situación económica dun país e outro, por non entrar en temas
non futbolísticos, sinalar que pódese ver un partido de primerísimo nivel na
Bundesliga polo mesmo diñeiro que pagamos na terceira galega, onde o prezo das
entradas é de 10€, imposibilitando en moitos casos facer desprazamentos a xente
que quere ir coa familia o fútbol. Incluso outros clubes da terceira galega coma o Celta B, esta mesma semana, pon un partido cun desprazamento xa caro de por sí pola distancia e os peaxes, a unha hora fora do habitual e o que é peor, a 15€ por persoa, uns precios del todo inaceptables e vergoñentos co agravante das boas relacións históricas entre os seus afecionados.
A lista de ventaxas, de cuidados, de mimos e de comprensión ó afecionado e infinita noutros países, case tan longa como a de desprezos que se fan na liga española. Por elo, dende Marea Verde rexeitamos de forma rotunda os novos horarios establecidos pola LFP (aínda que non nos afecten directamente), rexeitamos o desprezo continuo dos estamentos federativos as afecións, despreciamos as políticas antisociais da maioría de clubes de fútbol quedando totalmente a marxen da realidade deste país. Esiximos respeto e fomento para as afecións, para o real sustento do fútbol. Sen nós este espetáculo non existe. Non somos parte dun clube, somos o clube.
Chegará un momento en que a burbulla futbolística estoupará e entón pedirán que apoiemos e se acordarán de nós, quizáis sexa tarde daquela, quen sabe, pero a pérdida de masa social nos estadios é unha realidade …
No hay comentarios:
Publicar un comentario