29 de octubre de 2012

Denominación de orixe: Ferrol

Dín que en Ferrol facemos os mellores barcos do mundo, que nos dan un anaco de ferro e somos capaces de facerte unha plataforma ou un avanzado portavións, nembargantes, cada certo tempo vémonos castigados de forma dramática a unha crise que vai levándose postos de traballo e futuro para a nosa mocidade. Estamos a vivir unha de esas crises, que unha vez máis parece ter un negro, moi negro desenlace ...

¿É que facemos? Pois por unha vez en Ferrol, mentras o desánimo exténdese, di Javier Marias que "o fútbol e a recuperación semanal da infancia", pero hoxe, nestos tempos en Ferrol, ademais de gozar como cativos na bancada, temos a obriga de mirar cara o verde Racing, e aprender duns valores e dun exmplo, que o clube do noso povo esta a poñer en solfa este ano.

Si amigos, cremos profundamente que o Racing clube este ano ten valores extrapolables ao noso povo. Ao igual que nós cos barcos, este clube e o caviar entre o caviar, técnico, elitista... e ao igual que a nós, ninguén vaille poñer nada fácil. Se este Racing segue líder, non é por ser técnicamente o mellor, nin por ter un plantel de categoria superior... e por compromiso, por confianza e por unidade.

Este clube apostou para a sua dirección a unha persoa que mamou o fútbol, o Racing é Ferrol, respetado, indiscutible no seu compromiso, xoven, con ideas ambiciosas sen perder o norte. Este clube deixou os persoalismos ao lado e puxo a traballar a xente que de verdade sabe. Este clube, cando xoga en terreos adversos, planta cara, e xoga de igual a igual, demostrando que a coraxe, a gañas, a pundonor, a superación non nos gaña ninguen.

Este ano, remate coma remate esta liga, Ferrol ten a obriga de mirar cara A Malata o fin de semana, ten a obriga de aprender deses rapaces que están a deixarse a pel pola verde, ten a obriga de mirar o traballo ben feito e contaxiarse de todo o que esta a transmitir este clube.

Porque de peores saimos, porque de peores sairemos, dí que si, decide que sí, que podemos. Avante toda, Ferrol. ¡Aupa Racing!

No hay comentarios:

Publicar un comentario