27 de agosto de 2012

Comeza o espetáculo

Permitídeme antes de facer unha crónica do partido de onte, compartir convosco unha cousiña que me sucedeu ou saír do estadio de A Malata...

Aínda coa emoción do vivido fun a casa duns coñecidos onde un grupo de xente xuntárase alí para ver un partido onde xogaba un deses equipos que fanse chamar grandes. Os que alí estaban, tampouco na sua totalidade, e a xeito de cortesía, comezaron a facer algunhas preguntas sobre o resultado, ou xogo do Racing e nalgún caso mesmo comentaron o "ambientazo" que viron na grada pola televisión, nun momento onde estaban zapeando. Pronto cambiaron de tema.

Comezaron a falar dos xogadores "dos seus equipos" e a comentar o marabillosamente que se vía o fútbol nunha pantalla de non sei cantas polgadas con son envolvente, que case parece que esteas non campo. Como comprenderedes un tén unha certa educación, e non vai ser quén de decirlle a esa xente o contrario, pero entre nós, moitas maldades pasaban neses intres pola miña mente.

Durante un momento pensei en comentarlles o que significa unha primeira xornada, ese momento no que sacas o carnet do peto ainda quentiño e novo, o momento no que a conversa que estas a manter mentras subes a escaleira pasa a un segundo plano, xusto no momento en que chega o teu nariz ese recendo do céspede.
Comentarlles os esforzos que un fai para chegar ó seu asento mentras vai saudando a xente nos accesos, no bar sobretodo, da que facía un par de meses non sabia nada. 
O momento en que salta o teu equipo co himno de fondo e ti lles aplaudes…a eles…e lles das alentos, e te miran…a ti.

O momento en que una heroina ferrolán fai o saque de honra e ti bates todas as palmas que gardaches para ela despois da frecha de ouro con aquela coreana. Ía explicarlles o son a respeto, cando se cala todo un estadio durante un minuto en honor a un mito racinguista chamado Yurrita, heroe da final do 39.

Non lles comentaría nada do fútbol de salón que desplegou hoxe o meu equipo, iso e parvada… hai moitos equipos que o fan, o que lles ía explicar era o sentimento de honra cando ves como as cousas van saindo ben, cando os Diablos Verdes comezan a cantar o “volveremos” ou o “esto es Ferrol”, e ves aos teus compañeiros de peña bater palmas como se nada acontecese o ano pasado… pero que queredes que vos diga…non fixen nada, e é que realmente e moi difícil explicarlle a ese pequenos ratonciños de bar e salón, o que e ter apego de verdade a un equipo, e sentilo realmente teu, o que é realmente o fútbol, un sentimento.

Eu a todo isto, tiña de encargo facer una crónica do partido ou algo así…

O colexiado sinalaba o comezo, e apenas comezábamos a bater palmas e a afinar a gorxa, xa estaba o noso capitán Pablo Rey metendo un gol. Ó pouco Pumar dende a banda poñía un balón que Manu Barreiro empurraba ó fondo.





O Racing combinaba, xogaba polas bandas, polo centro, menos en defensa porque non era necesario, xogaba por tódolos lados, daba gusto estar vivindo ese espectáculo na terceira. As novas fichaxes estaban un pouco perdidas nalguns casos, pero os veteranos como Antonio os poñían no sitio rápidamente.




Dani Rodríguez cun toque sutil pero colocado aumentaba a conta, de novo a pase de Pumar. E así pouco a pouco, chegábamos ao remate da primeira parte con Iago Iglesias fóra do campo por mor dun problema na espalda.

Na segunda parte saía o campo Jorge Rodríguez, e apenas tomáramos sitio, algún aínda estaba no bar comentando a primeira parte, xa fixera o cuarto para a conta racinguista.







O partido foi avanzando sen apenas ocasión algunha para o equipo de Ordes, salvo algún balón illado que tivo que sacar o noso porteiro titular onte, Camacho, ou a defensa que sempre estivo no sitio atenta os rexeites.

No minuto 60 chegaba o derradeiro gol do día, esta vez a cargo de Rubén Comesaña de cabeza a saída dun corner. Dende aquí ó final unha festa na grada, con caras de ledicia na parroquia ferrolán.



A tempada comeza forte, con ilusión, e con gañas de que chegue xa o partido de As Pontes, onde con case total seguridade estaremos presentes, apoiando ó equipo da nosa cidade. 

1 comentario: