25 de agosto de 2012

Carta de presentación

Fai xa 12 anos comezábamos un proxecto, un grupo de amigos, coa intención de impulsar o racinguismo, e decidimos creala "Peña racinguista Marea Verde" co fin de seguir o noso Racing de Ferrol ata onde as nosas forzas e sobretodo os nosos medios nolo permitan.
 
Neste tempo fomos crecendo paseniñamente, pero sempre mantendo os valores racinguistas e ferrolans por riba de todo. Viaxamos pola comarca, por Galicia e por terras máis lonxanas dentro do territorio español, moi lonxanas nalguns casos. Vivimos ascensos cos nosos compañeiros e amigos, por desgracia tamén dolorosos descensos, tratando sempre de facer amizades dentro do posible, no mundo do fútbol.

 
Hoxe en día mantemos a mesma ilusión coa que comezamos, e por iso decidimos facer este "blog" para continuar fomentando o espíritu racinguista na nosa terra, ou aló onde chegue.

 
Tentaremos entretervos, informarvos de historias dende o punto de vista dos afecionados e tamén comentaremos as novidades da nosa peña. Non nos poñemos límites e iremos evolucionando o voso lado se decidides acompañarnos neste novo proxecto.

Dín que para rexurdir hai "que tocar fondo", e con todo o respeto hacia os demáis rivais e siareiros, pero a terceira non é o noso sitio como clube nin como cidade; así que dende o fondo animaremos as nosas cores para que dende o fondo voltemos ao noso lugar.

 Recibide un cordial saludo dende a "Peña racinguista Marea Verde"

No hay comentarios:

Publicar un comentario